
O mellor rythm&blues
The Limboos é un grupo galego afincado en Madrid que resucita a mellor música negra dos anos 50. Sorprende a enerxía dos seus directos.
Rock&roll clásico de tintes modernos
The Soul Jacket destila rock&roll clásico ao máis puro estilo americano, pero cargado de tintes modernos e letras repletas de positividade.
Fusión de punk, soul e rock
Creada en 1990 en Riverside, California, traen ata A Rúa o mellor do punk, o soul e o rock, co carisma inconfundible da súa vocalista Lisa Kekaula. Ver para crer.
Rock&roll, power pop e pop punk
Enerxía xuvenil por milleiros é o que proxecta Kurt Baker Combo desde os escenarios. Chegados desde Portland (Maine-Estados Unidos), non deixarán a ninguén indiferente.
O Concello da Rúa organiza este ano a III edición da Baco Festa, unha feira romano-gastronómica que quere poñer en valor os viños da zona e a súa gastronomía, homenaxeando tamén as orixes romanas da vila. Fai dous anos púxose o xerme e, dado o éxito das edicións celebradas, organízase de novo este verán coa esperanza e a ambición de que se consolide no tempo.
A ponte romana A Cigarrosa, testemuña do esplendor de antano, é o lugar elixido para inaugurar unha festa que pon en valor os vestixios romanos da Rúa, na que habitou Lucio Pompeio Reburro, valdeorrés membro da garda pretoriana, e por onde transcorre a Vía Nova, a Vía XVIII do Itinerario de Antonino, que vai dende Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga).
Contamos coa presenza de 13 adegas e 16 stands de artesanía e alimentación: